Saturday 27 de April de 2024

Cinema na rúa coa proxección de “Valentina” este sábado


O pase será ás 22.30h no antigo campo de fútbol do Paseo da Madalena.

O Concello de Cabanas proxectará este sábado, 23 de xullo ás 22.30h, no antigo campo de fútbol do Paseo da Madalena o filme de animación “Valentina”, dirixido por Chelo Loureiro e gañador do Premio Goya á mellor longametraxe de animación.

A película conta a historia de Valentina, unha nena que soña con ser trapecista, pero que cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa avoa, que lle ensina a xogar ao xadrez e a cantar, sempre a anima a seguir adiante, xa que ela tamén ten o soño de poder converterse en directora de orquestra.